lunes, 17 de enero de 2011

DACERNA, blog de Xosé Lois Sío Vidal

Paréceme unha boísima idea a deste compañeiro de estudos e agora bo amigo; o noso Sío, que como bo filólogo faille honra á súa carreira e ama as palabras. Neste blog o que se pretende é facer unha escolma de termos curiosos ou que se estean a perder, con exemplos de uso e ordenados alfabeticamente; así coma expresións e frases feitas. Ademais, é interesante atender sempre ás súas reflexións, que axudan aos que andamos metidos/as nestas leas a non perder a memoria lingüística.
Animo a todos os compañeiros/as a que acheguen tamén novas verbas e expresións. A visita a este blog sempre permite aprender algo novo!

Animacións feitas pol@s nos@s nen@s nas aulas de Plástica

Xa quixera eu volver á infancia para aprender a facer este tipo de cousas... Canta creatividade a destes moz@s!