sábado, 14 de mayo de 2011

LOIS 2011

Lois Pereiro

jueves, 14 de abril de 2011

LOIS PEREIRO E A FURIA NECESARIA

A seguinte exposición sobre Lois Pereiro, autor ao que se lle adica este ano o día das Letras, foi creada como colaboración dos Departamentos de Normalización Lingüística e Educación Plástica e Visual do IES As Barxas (Moaña). Clica no enlace!



http://prezi.com/u46rbbcv_51m/lois-pereiro

NAS BARXAS SALVAMOS LIBROS EN GALEGO

Unha iniciativa dos nenos/as de 1ºESO e dos Departamentos de Plástica e o grupo da Biblioteca.
Neste caso trátase de Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.

sábado, 19 de marzo de 2011

A PRIMEIRA AVENTURA DA MULLER LAMPREA

Despois de sentir o primeiro prexuízo: "Sería mellor que só houbese unha lingua no mundo, así entenderiámonos tod@s"; a Muller Lamprea inicia a súa primeira aventura; e consegue converter a monotonía nas cores das ás das bolboretas. Unha marabillosa obra de Luz Beloso e os rapaces/as de 1º ESO C e 1º ESO D. Aí vai:

jueves, 17 de febrero de 2011

A VOLTA DA MULLER LAMPREA

Xa sabiamos que A Muller Lamprea ía ter moito traballo, pero... ata no Gran Irmán 12???!!!
Pois si, a nosa superheroína ten que estar onde máis se precisa; na aldea e nas cidades; no mar e na terra; dende a Paralaia ata o Niño do Corvo...
LONGA VIDA Á MULLER LAMPREA!
ACABEMOS CON TANTO PREXUÍZO ABSURDO!

jueves, 27 de enero de 2011

lunes, 17 de enero de 2011

DACERNA, blog de Xosé Lois Sío Vidal

Paréceme unha boísima idea a deste compañeiro de estudos e agora bo amigo; o noso Sío, que como bo filólogo faille honra á súa carreira e ama as palabras. Neste blog o que se pretende é facer unha escolma de termos curiosos ou que se estean a perder, con exemplos de uso e ordenados alfabeticamente; así coma expresións e frases feitas. Ademais, é interesante atender sempre ás súas reflexións, que axudan aos que andamos metidos/as nestas leas a non perder a memoria lingüística.
Animo a todos os compañeiros/as a que acheguen tamén novas verbas e expresións. A visita a este blog sempre permite aprender algo novo!

Animacións feitas pol@s nos@s nen@s nas aulas de Plástica

Xa quixera eu volver á infancia para aprender a facer este tipo de cousas... Canta creatividade a destes moz@s!