Un recuncho en que compartir apertas, inquedanzas, creacións e palabras. Sobre todo palabras.
sábado, 14 de mayo de 2011
jueves, 14 de abril de 2011
LOIS PEREIRO E A FURIA NECESARIA
A seguinte exposición sobre Lois Pereiro, autor ao que se lle adica este ano o día das Letras, foi creada como colaboración dos Departamentos de Normalización Lingüística e Educación Plástica e Visual do IES As Barxas (Moaña). Clica no enlace!
http://prezi.com/u46rbbcv_51m/lois-pereiro
http://prezi.com/u46rbbcv_51m/lois-pereiro

NAS BARXAS SALVAMOS LIBROS EN GALEGO
Unha iniciativa dos nenos/as de 1ºESO e dos Departamentos de Plástica e o grupo da Biblioteca.
Neste caso trátase de Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.
Neste caso trátase de Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.
sábado, 19 de marzo de 2011
A PRIMEIRA AVENTURA DA MULLER LAMPREA
Despois de sentir o primeiro prexuízo: "Sería mellor que só houbese unha lingua no mundo, así entenderiámonos tod@s"; a Muller Lamprea inicia a súa primeira aventura; e consegue converter a monotonía nas cores das ás das bolboretas. Unha marabillosa obra de Luz Beloso e os rapaces/as de 1º ESO C e 1º ESO D. Aí vai:
jueves, 17 de febrero de 2011
A VOLTA DA MULLER LAMPREA
Xa sabiamos que A Muller Lamprea ía ter moito traballo, pero... ata no Gran Irmán 12???!!!
Pois si, a nosa superheroína ten que estar onde máis se precisa; na aldea e nas cidades; no mar e na terra; dende a Paralaia ata o Niño do Corvo...
LONGA VIDA Á MULLER LAMPREA!
ACABEMOS CON TANTO PREXUÍZO ABSURDO!
jueves, 27 de enero de 2011
Os Prexuízos lingüísticos
Interesante e clara información para desbotar prexuízos lingüísticos
Os PrexuíZos LingüíSticos
View more presentations from ecursocig.
sábado, 22 de enero de 2011
jueves, 20 de enero de 2011
Pluralidade lingüística en Europa
Para que abramos os ollos e as mentes, a diversidade lingüística é un dos maiores tesouros da humanidade. E estas son só as de Europa!
miércoles, 19 de enero de 2011
Hai que difundir esta imaxe, desde as terras morrasenses cara ao mundo!
Desde A Resistencia dos Pobos Unidos de Marín, Bueu, Moaña e Cangas, e dicir, o RDPUBMC; Queremos galego!
http://www.terrasdomorrazo.com/2011/01/19/queremos-galego-non-esta-e-a-nova-mensaxe-da-resistencia/
http://www.terrasdomorrazo.com/2011/01/19/queremos-galego-non-esta-e-a-nova-mensaxe-da-resistencia/
Un novo blog para o meu Planetaki: As cousas do Mouchiño
Presento aquí un enlace novo a un blog dedicado @s máis pequech@s do CEIP de Tirán, creado grazas ao esforzo de Noela e Eva. http://ascousasdomouchino.blogspot.com
lunes, 17 de enero de 2011
DACERNA, blog de Xosé Lois Sío Vidal
Paréceme unha boísima idea a deste compañeiro de estudos e agora bo amigo; o noso Sío, que como bo filólogo faille honra á súa carreira e ama as palabras. Neste blog o que se pretende é facer unha escolma de termos curiosos ou que se estean a perder, con exemplos de uso e ordenados alfabeticamente; así coma expresións e frases feitas. Ademais, é interesante atender sempre ás súas reflexións, que axudan aos que andamos metidos/as nestas leas a non perder a memoria lingüística.
Animo a todos os compañeiros/as a que acheguen tamén novas verbas e expresións. A visita a este blog sempre permite aprender algo novo!
Animo a todos os compañeiros/as a que acheguen tamén novas verbas e expresións. A visita a este blog sempre permite aprender algo novo!
Animacións feitas pol@s nos@s nen@s nas aulas de Plástica
Xa quixera eu volver á infancia para aprender a facer este tipo de cousas... Canta creatividade a destes moz@s!
sábado, 15 de enero de 2011
jueves, 13 de enero de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)